galego

Famentos

Publicada en

Nos séculos da fame levaron os nosos pais nas mans a aldraxe imaxinaria de ter nado na terra ferida pola fartura ausente, levaron como equipaxe, ata máis aló da singladura dun océano de vontade inesperada, un millo nunca sementado co que morrer lonxe. Alén do mar esnaquizouse o tempo, consagrado pola néboa da tristura. Non […]

galego

Cantigas

Publicada en

As cantigas da miña vida hanse de escribir co arume da herba, cara ao río, ao carón do mar, entre o vento, dende a chuvia, baixo do Sol, cos ollos bebendo a Lúa. A todos eles lles quedan cousas por contarme, contos vívidos cos que hei de seguir a camiñar, a respirar, a sentir e […]

galego

Dende o curruncho

Publicada en

Vivo, son dun curruncho onde nos días de inverno nace e repousa un Sol acróbata das dúbidas, sinto a vida cando o vento me bate nos miolos e me leva cara adiante ata caer por veces, ata erguerme de novo coa chamada das ponlas. Vivo, son o neto dista terra silenciada que un arado de […]

galego

E vai o noso río

Publicada en

E vai o noso río, camiñando, por entre as brétemas e a noite. Ao traverso delas achégase ao inverno. E nós, duas ialmas unidas polas mans á febre da vida, camiñamos os meses, ata acadar o decembro dos nosos soños, nós, dous co seu ollar canso, facemos ringleiras ao carón das silvas para permitirlle ao […]

galego

Gargalladas

Publicada en

Nos cumios argallan as gaivotas o esquecemento das arcas, con gargalladas solemnes rinse do nomenclator das dúbidas cando fan ouvear nos oídos un vello Nordés alleo. A terra faise nai espúrea, espalla as pedras das mámoas naquelas noites de xeo e da dor aguda dos pes, na oscuridade fendida polos pasos e pola vaguedade cansa […]

galego

Soños do neno triste

Publicada en

Baixo da tristura dun paraugas bermello percorríamos as rúas, ateigados coa friaxe do discurso dos nosos derradeiros mestres. Nas mañáns xeadas de Novembro quencíamos as mans enchendo os petos furados cunha ducia de castañas; dentro delas, vagando polas corredoiras que nos levaban a ningures, viaxaba o desexo dun Magosto nunca acadado, e a esperanza do […]

galego

Regueiros do tempo

Publicada en

Fontes vellas e prados longos, pasales esquecidos nas silveiras,lume eterna baixo do pote na lareira dos contos e das lendas. Graneiras onde a hedra medra e medra, lindeiros de canteiros sen nome cubertos polos feitizos do musgo nos nosos días de cativos. Castiñeiros coas follas secas, herba húmida nas leiras, cabezóns que bogan nas correntes, […]

galego

Fisterra (entrelazado)

Publicada en

Non nos roubedes iste cantar anónimo que nos fai voar sobre das fragas, sobre dos prados, sobre do mar, non nos proibades os soños, o son dos soños, a emoción de ser fillos dista terra como fillos de tódalas terras, herdeiros entre as cordas do pasado, escravos ledos do ar, das choivas, das brétemas. Non […]

galego

Raíces de pedra

Publicada en

Temos as raíces profundas e cravadas nista terra como áncoras de lume dunha dorna valente e branca. Son as nosas raíces de pedra, son as árbores cruceiros, os outeiros son as ondas dun rosario adherido sen bágoas ao pasado, precursor de novos mundos. Do Norte ao Sur treman os ríos, o mar e as serras […]

galego

A Rosalía

Publicada en

Pediches ver o mar coa túa voz cansa, cos ollos cansos de buscar, alma esgotada. Pediches o seu arume de sal, sentir a túa pel curtida, sanar incendios, soedades, o teu lume solitario de muller viva en feridas. Querías ver o mar, ventar a brisa, acougar entre a escuma negras sombras, arrolar na batalla a […]