galego

Soños do neno triste

Baixo da tristura 
dun paraugas bermello
percorríamos as rúas,
ateigados coa friaxe do discurso
dos nosos derradeiros mestres.

Nas mañáns xeadas de Novembro
quencíamos as mans
enchendo os petos furados
cunha ducia de castañas;
dentro delas,
vagando polas corredoiras
que nos levaban a ningures,
viaxaba o desexo
dun Magosto nunca acadado,
e a esperanza
do agasallo dun cabazo valeiro
e dunha candea coa que aloumear
a noite de Difuntos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *